Barro- Que é o IoT (Internet das Cousas) e que promete

Data Inicio:  21/11/2019 19:00    
Data Fin:  21/11/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos:

Que é IoT?
Manifesto IoT de Arduino.
Elementos que interveñen en IoT.
As tres preguntas para calquera proxecto IoT.
Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse