Barro- Fabricación Dixital I

Data Inicio:  03/10/2019 17:00    
Data Fin:  03/10/2019 21:00 Duración:  4:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:
Presentación do taller e declaración de obxectivos
Fabricación Dixital, en que consiste
Impresión 3D I:
Que é unha impresora 3D? Para que serve, que podemos facer…
Un pouco de historia, movemento, Rep Rap, métodos de impresión 3D
Aspectos técnicos da impresora 3D FFF
Obtención de modelos 3D
FreeCad I:
Que é FreeCAD?. Descarga, instalación e setup
Primeiros pasos, menús e navegación
Cubo, menú datos e vista, nomear, gardar, copiar
Invisibilidade, traslado e unións
Sistema de referencia, local e global – Rotacións
Exercicios

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse