Pontevedra- Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog

Data Inicio:  24/09/2019 19:00    
Data Fin:  24/09/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais.

Índice de contidos:
- Que é un blogue?
- Como se crea un blogue? Publicación de entradas.
- Aspectos que melloran o posicionamento SEO
- Postear entradas en redes sociais.
- Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web.
- Ferramentas de interese

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse