Vigo- Promoción e comercialización de actividades turísticas en liña

Data Inicio:  26/09/2019 17:00    
Data Fin:  26/09/2019 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obradoiro será impartido por Cristina Collazo da plataforma Volta  Montana. É diplomada en Turismo pola USC, Licenciada en Publicidad y Relaciones Públicas polo ESIC-URJC, e conta con dous posgraos, un en Xestión Cultural da USC, e outro de Industrias Creativas tamén da USC. 

Con experiencia en diferentes axencias de publicidade, e en anunciantes do sector cultural e turístico como hoteis, festivais, axencias de viaxes, fundacións e entidades culturais etc. e de longas viaxes por América e Asia, colaborando con diferentes entidades turísticas e culturais, Cristina volta á súa terra, a Galicia, para facer unha proposta que abordaba unha necesidade clara, a de presentarlle Galicia á xente de fóra, e tamén aos propios galegos dun xeito máis atractivo, fácil e interesante. Nace así Volta Montana, como unha proposta de turismo activo que a través de rutas de senderismo interpretadas pretende dar a coñecer Galicia máis alá dos lugares que saen nas guías. 

Nesta xornada, falaremos de como chegamos ao concepto Volta Montana, de como foron os comezos, de acertos mais tamén de erros; veremos cal é a súa estratexia de marketing e as canles utilizadas que mellor funcionan, como comercializar o produto turístico e cales son as propostas de futuro. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento