Pontevedra- Vídeo co teu smartphone: crea, grava e edita como un profesional

Data Inicio:  19/09/2019 18:00    
Data Fin:  19/09/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
As redes sociais cada día son máis visuais, se queremos triunfar nelas debemos ser máis innovadores que os demais, crear vídeos máis profesionais onde mostremos todo o potencial da nosa empresa ou negocio.
Neste taller aprenderás diferentes técnicas para gravar vídeos, planos e movementos de cámara, ademais de edición e publicación dos mesmos.

Contido:
1.	O vídeo en redes sociais.
2.	Tipos de vídeos.
2.1 Presentación de empresas
2.2 Presentación de produtos.
2.3 Fashion Film (catálogo visual).
2.4 Eventos.
3.	Planificación: Constrúe unha historia.
4.	Ferramentas e material para gravar.
5.	Tipos de planos.
6.	Movementos da cámara.
7.	Formatos e resolución.
8.     Apps de edición de vídeo.
9.	Publicación de vídeos.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse