O Porriño- Experiencias SmartPeme: Grupo Drongal

Data Inicio:  24/09/2019 19:00    
Data Fin:  24/09/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obxectivo da xornada:
- Encontro E2e (de Empresario a emprendedor) e E2E (Empresario a Empresario) , onde achegaremos a empresas consolidadas e empresas start- up, coa intención de que se coñezan e poidan intercambiar experiencias e establecer relacións profesionais.

- Identificar o valor que achegamos aos nosos clientes e que nos diferencia da competencia, así como ter claros os nosos obxectivos e establecer estratexias para poder alcanzalos.

Contido:
Non conseguimos o que queremos porque non sabemos o que queremos. Aprender a ter claras nosas metas, a fixarnos obxectivos, axudaranos a estar enfocados e poñerase en marcha no noso modelo de negocio unha perspectiva realista e obxectiva da nosa realidade empresarial. Non planificar é planificar o fracaso. 

Presentamos unha proposta de valor a través dun caso de éxito de "Grupo Drongal" a cargo de Ángeles Paz, Santiago Novás y Efraím Romero de Grupo Drongal
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse