Lalín- Fotografía os teus produtos e servizos para as redes sociais

Data Inicio:  25/09/2019 19:00    
Data Fin:  25/09/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE A ESTRADA

As redes sociais son un dos recursos modernos que máis se utilizan para atraer a posibles consumidores cara aos nosos produtos ou servizos, xa sexan en liña ou de forma física ao noso local.
As fotografías para redes sociais deben atraer ao cliente, contar unha historia, ser creativas e destacar por encima das demais, para iso debemos saber nocións básicas de composición e planos. Veremos tamén como segundo a marca podemos crear diferentes estéticas que nos diferencian dos demais e fannos reconocibles na Internet.

Contido
1. Que son as fotografías para redes sociais?
2. Claves para fotografías de RRSS.
3. Planos en función do obxecto ou suxeito.
4. Planos en función da cámara.
5. Que necesitamos para facer unhas boas fotografías?
6. Regras básicas de publicación en redes sociais.

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse