Ponteareas - Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping

Data Inicio:  23/07/2019 19:00    
Data Fin:  23/07/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda online. As campañas de Google Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan clic no anuncio

Contido:
- Que é Google Shopping
- Requisitos para anunciarse 
- Políticas de anuncios de Shopping
- Configuración dunha conta en Google Merchant Center
- Crear un feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30