Ponteareas - Todo o que precisas saber sobre G Suite

Data Inicio:  06/06/2019 18:00    
Data Fin:  06/06/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro explicaranse todas as posibilidades que ofrece G Suite, as ferramentas de Google que permiten aforrar tempo e traballar de maneira máis eficiente. Falarase das diferentes aplicacións e das solucións a medidas adaptadas a cada tipo de empresa.

Contido
1- Que é Gsuite?
2- Configuración básica
3- Todas as funcións que ofrece
4- Solucións 

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse