Lalín - Aprende a elixir as palabras crave para a túa estratexia SEO e SEM

Data Inicio:  27/06/2019 19:00    
Data Fin:  27/06/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. 

Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible.

Nivel: Iniciación

Contido

1.	A importancia do SEO
2.	A importancia do SEM
3.	Como se buscan as palabra crave?
4.	Aplicación das palabras crave 
5.	Ferramentas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento