Barro - Programación con Arduino II

Data Inicio:  16/05/2019 17:00    
Data Fin:  16/05/2019 21:00 Duración:  4:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Programación con Arduino II

Faremos catro talleres enlazados de 4  h. de duración cada un en contorna textual. O obxectivo principal é a aprendizaxe da linguaxe de programación en  arduino, neste caso unha variante de  C++, usaremos os kits de  arduino dispoñibles e avanzaremos na programación mediante montaxes en  protoboard.

Contido
1.	 IDE Arduino, sintaxe de programación II
2.	 Pin Dixital,  pin analóxico II
3.	 Led,  Pulsador, Sensor de Luz  LDR
4.	Montaxe  Pull Down e  Pull  Up 
5.	Bucle  if …  else
6.	Programación dunha  lampara de escritorio
7.	Monitor Serie
8.	Sensor de temperatura
9.	Programación dun medidor de temperatura con indicado por  leds

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse