Lalín - Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio

Data Inicio:  23/05/2019 18:00    
Data Fin:  23/05/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google  Data  Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data  Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data  Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data  Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data  Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento