Lalín - Inbound Márketing

Data Inicio:  21/05/2019 19:00    
Data Fin:  21/05/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o  Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar.
O  Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. 

Contidos:
•	Que é  Inbound Márketing
•	Beneficios do  Inbound Márketing
•	Como se articula o  Inbound Márketing
•	Márketing de atracción
•	Como crear a túa  buyer persoa ideal
•	A importancia do  funnel ou embude de conversión
•	Tendencias en  Inbound Márketing

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse