Barro - Programación dunha casa domótica - Robótica V

Data Inicio:  04/04/2019 17:00    
Data Fin:  04/04/2019 21:00 Duración:  4:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
 No obradoiro trataranse os pasos para programar unha casa domótica que cumpra os seguintes requisitos:

- Función nocturna automática, se é de noite as luces acéndense soas e apáganse pulsando un botón
- Función nocturna manual, se é de noite e apagáronse co botón volven acender co botón
- Función diúrna, se é de día as luces acéndense co botón e apáganse co botón.
   
A dificultade esta en resolver a máquina de estados con estas premisas e a programación.

- Chasis casa domótica (impreso en 3D)
- Máquina de estados III, variables, funcións, etc.
- Sensor IR,  leds,  servos,  LDR,  Zumbador, porto serie

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse