Lalín - Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero

Data Inicio:  04/04/2019 18:00    
Data Fin:  04/04/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Un CRM ou " Customer Relationship Management" é unha ferramenta que permite centralizar nunha única base de datos todas as interaccións entre unha empresa e os seus clientes de forma clara e organizada. Está orientada a xestionar tres áreas básicas: a xestión comercial, o márketing e servizo postventa ou de atención ao cliente. 

Neste obradoiro, crearemos de cero un CRM, paso por paso, e coñeceremos das funcionalidades mais importantes para comezar a empregalo e sacarlle o máximo partido.

Índice de contidos:
- Introdución
- Concepto de CRM
- Características do CRM
- Zoho CRM
- Sugar CRM

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse