Pontevedra - Emprego de 3D en vídeos corporativos ou promocionais

Data Inicio:  21/03/2019 19:00    
Data Fin:  21/03/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este obradoiro queremos concienciar de que o uso do 3D en audiovisual non é só cousa de grandes corporacións, campañas de márketing ou produtoras, senón que, autónomos e pequenas empresas poden beneficiarse das súas vantaxes e posibilidades para realizar vídeos máis atractivos e interesantes.

Para iso, analizaremos o proceso de realización e produción audiovisual, programas de edición de vídeo e de animación 3D. 

Índice de contidos:
•Vídeo corporativo ou promocional?
•Proceso de realización e produción audiovisual.
•Tipos de montaxe.
•Tipos de planos, movemento de cámara, ritmo, etc.
•Audio ou Banda sonora.
•Programas e proceso de edición de vídeo.
•Vantaxes e posibilidades do 3D nos meus vídeos.
•Programas e proceso de animación 3D.

O obradoiro será impartido por Sabela Muñiz, creativa multidisciplinar e  CEO en  Alobre 3D, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións en 3D aplicadas ao márketing e comunicación empresarial. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse