Vigo - Emprego de 3D en vídeos corporativos ou profesionais

Data Inicio:  28/02/2019 19:00    
Data Fin:  28/02/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este taller queremos concienciar de que o uso do 3D en audiovisual non é só cousa de grandes corporacións, campañas de márketing ou produtoras, senón que, autónomos e pequenas empresas poden beneficiarse das súas vantaxes e posibilidades para realizar vídeos máis atractivos e interesantes.

Para iso, analizaremos o proceso de realización e produción audiovisual, programas de edición de vídeo e de animación 3D. 

Índice de contidos:
- Vídeo corporativo ou promocional?
- Proceso de realización e produción audiovisual.
- Tipos de montaxe.
- Tipos de planos, movemento de cámara, ritmo, etc.
- Audio ou Banda sonora.
- Programas e proceso de edición de vídeo.
- Vantaxes e posibilidades do 3D nos meus vídeos.
- Programas e proceso de animación 3D.

O obradoiro será impartido por Sabela Muñiz, creativa multidisciplinar e  CEO en Alobre 3D, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións en 3D aplicadas ao márketing e comunicación empresarial. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento