Ponteareas - Accións de márketing en Linkedin para empresas e autónomos

Data Inicio:  28/03/2019 19:00    
Data Fin:  28/03/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
 Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais,  proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos.

Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este taller axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos.

Índice de contidos:
• Obxectivos das empresas en  Linkedin
• Exemplos de páxinas de empresa en  Linkedin
• Optimización da páxina empresarial ás 100%
• Estratexias de márketing
- Involucra aos teus empregados
- Utiliza contido de valor:  Slideshare
- Grupos: crea e participa 
-  Linkedin  Ads
- Crea o perfil noutros idiomas

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse