Vigo - Plugins de WordPress para mellorar a túa web

Data Inicio:  22/01/2019 19:00    
Data Fin:  22/01/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Aprenderás con estes  plugins ha realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop  ups, descarga de documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de  cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos. Seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes.

Índice de contidos:
• Que é un  Plugin de  WordPress?
• Instalación de  Plugins en  WordPress 
• Listas de  plugin, función, nome e autor
• Vídeos de manexo e configuración dos  plugins

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse