Lalín - Como promocionar o teu evento en redes sociais

Data Inicio:  08/01/2019 19:00    
Data Fin:  08/01/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito.  Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. 

Índice de contidos:
• Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc)
• Fase de  pre-evento en redes sociais: planificación e preparación 
• Acciones durante o evento (creación de  hashtag, como usar Facebook Live,  Periscope ou  Stories)
•Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de hashtag, reporte de actividade online

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30