Pontevedra - Bokeh, domina a técnica do desenfoque selectivo

Data Inicio:  11/12/2018 17:00    
Data Fin:  11/12/2018 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Imos coñecer a técnica coñecida como Bokeh, que consiste no efecto óptico mediante o cal enfocamos ben o elemento principal e deixamos o resto dos elementos  desenfocados, normalmente luces  desenfocadas, resultando por ela unha técnica práctica para conseguir que as túas fotos resalten este nadal. 

Índice de contidos:
- Que é o bokeh?
- Como se consegue ese desenfoque?
- Bokeh con smartphones
- Mellora a túa composición utilizando esta técnica
- Bokeh con formas, que necesito?

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse