O Porriño - A clave do márketing en liña: Segmentación e clientes ideais

Data Inicio:  11/12/2018 18:00    
Data Fin:  11/12/2018 20:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A través deste obradoiro, o que se busca é mellorar o coñecemento dos usuarios sobre os conceptos de segmentación así como do " buyer persoa" ou cliente ideal. Tamén, preténdese que os asistentes, emprendedores ou pequenos empresarios, potencien a utilización da segmentación como estratexia de márketing, axudándolles, ademais, con exemplos reais. 

Índice de contidos:
1. Segmentación:
- Conceptos básicos.
- Obxectivos
- Como segmentamos?
2.  Buyer persoa ou cliente ideal
- Que é?
- Para que serve?
- Como se localizan?
- "Buyer  Journey"

O obradoiro será impartido por Diego Fraga Casariego, Enxeñeiro electrónico pola Universidade de Vigo e con experiencia en aspectos relacionados coa xestión de proxectos, equipos e márketing online ademais de desenvolvemento web. Na actualidade, desempeña o cargo de director técnico e márketing  strategist en Tamarino. web & márketing.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse