Lalín - Trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas

Data Inicio:  08/11/2018 19:00    
Data Fin:  08/11/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Cada vez cobra máis importancia a fotografía gastronómica e é que a través dela chamas a atención dos teus comensais ( ou os afastas por completo cunha mala fotografía que non faga xustiza ao teu traballo!). Ensinarémosvos a crear fotografías deliciosas de principio a fin para que sexan capaces de crear emocións e traspasar a pantalla.

Índice de contidos:

•	Introdución, un aperitivo de nocións básicas
•	Iluminación
•	Ingredientes e tempos
•	A arte de compoñer na fotografía gastronómica
•	Trucos para empratar como un  estilista culinario
•	Os ángulos que usaremos ao fotografar alimentos
•	Equípache como un profesional: atrezo
•	Planifica a túa sesión de fotos e a fotografiar!

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse