O Porriño - Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades

Data Inicio:  27/11/2018 19:00    
Data Fin:  27/11/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos.

Índice de contidos:
- Que é un dominio e tipos de dominio
- Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións
- Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros?
- Pasos a realizar para a contratación dun dominio
- Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos
- Características que pode ofrecernos un aloxamento
- Exemplos de empresas provedoras de aloxamento
- Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento