O Porriño - Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero

Data Inicio:  13/11/2018 18:00    
Data Fin:  13/11/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Un  CRM ou " Customer  Relationship  Management" é unha ferramenta que permite centralizar nunha única base de datos todas as interaccións entre unha empresa e os seus clientes de forma clara e organizada. Está orientada a xestionar tres áreas básicas: a xestión comercial, o márketing e servizo  postventa ou de atención ao cliente. 

Neste obradoiro, crearemos de cero un CRM, paso por paso, e coñeceremos das funcionalidades mais importantes para comezar a empregalo e sacarlle o máximo partido. 

Índice de contidos:
- Introdución
- Concepto de  CRM
- Características do  CRM
-  Zoho  CRM
-  Sugar  CRM

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30