O Porriño - Plan de marketing en liña para empresas turísticas

Data Inicio:  08/11/2018 17:00    
Data Fin:  08/11/2018 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O marketing turístico é un dos que maiores transformacións está a ter na era dixital. Hoxe en día xa non se poden facer plans de marketing que non incluan un plan de marketing dixital. O marketing dixital turístico e as súas ferramentas permiten as empresas turísticas alcanzar novos clientes e medrar online. Unha boa xestión do marketing online fará a túa empresa turística sexa máis competitiva.

Índice de contidos:
. Introdución.
. Que é o Márketing Dixital?
. Márketing de contidos e as súas estratexias
. Ferramentas de Márketing Dixital.

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse