Barro - Impresión 3D: Arquitectura

Data Inicio:  20/11/2018 17:00    
Data Fin:  20/11/2018 21:00 Duración:  4:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller veremos, mediante a mostra de vídeos, os sistemas de impresión 3D máis relevantes, as súas características principais e cales son as súas vantaxes ou inconvenientes para empregalos en arquitectura. Dentro destes sistemas de impresión faremos especial fincapé nas impresoras de Fabricación por Filamento Fundido (FFF) por ser as máis estendidas e de fácil acceso.

Veremos a maneira de obter a nosa peza en STL e a forma de preparala (laminarla) para imprimir.

Analizaremos as posibilidades que presenta en canto a  maquetación, cunha variedade de mostras impresas, así como noutros aspectos como a reprodución de elementos cun elevado valor patrimonial ou a propia construción a tamaño real de estruturas.

Índice de contidos
- Un pouco de historia, movemento  RepRap, sistemas de impresión 3D
- Mantemento básico
- Obtención de modelos 3D
- Software de laminación CURA
- Impresión práctica
- Materiais
- Técnicas de postproducción

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse