Ponteareas - 10 aplicacións que mellorarán o aspecto do teu Instagram

Data Inicio:  16/10/2018 18:00    
Data Fin:  16/10/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este obradoiro axudarémosche a mellorar o aspecto do teu  instagram a través de 10 aplicacións que marcarán a diferenza do teu contido respecto ao da túa competencia. Veremos como mellorar o noso  feed, como crear vídeos curtos e dinámicos, como engadir música sobre as nosas fotografías ou vídeos , etc. En definitiva, darémosche as claves necesarias para conquistar á túa audiencia mellorando o contido do teu perfil. 

Índice de contidos:
- Que é Instagram e como funciona
- Como posiciona a nosa biografía de instagram 
- A importancia do "Bigpicture" 
- Con que aplicacións podemos organizar o noso feed
- Que son as instagram stories
- Funcionalidades que nos ofrece a aplicación
- Como crear contido dinámico
- Que aplicacións usar para edición fotográfica
- Cales son as mellores aplicacións para editar stories
- Que aplicacións usar para editar vídeos curtos

O obradoiro será impartido por  Tania Pérez Arribas. Directora de  tamarino. Web & Márketing. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, desenvolve a súa carreira en torno ao deseño e a fotografía  especializandose desde 2015 en márketing dixital. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse