Cambados - Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais

Data Inicio:  16/10/2018 19:00    
Data Fin:  16/10/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais.

Índice de contidos

• A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais
• Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas.
• Os rostros da túa empresa: A foto corporativa
• Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos
• Práctica

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse