Evento
Ponteareas - Fotografía de produto: Especial sector téxtil
Data Inicio: | 23/10/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 23/10/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
OBXECTIVO Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado, joyería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que momento benefícialle realizar unha compra online no canto dunha compra tradicional no comercio offline. Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao alcance para poder ofrecer información visual aos clientes potenciais. Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa en tempo e/ou investimento. Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. CONTIDO • Introdución • Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara. • Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz. • Técnicas de fotografía no sector Moda. • Para a práctica tomar en conta o seguinte: o É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable. o En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS). o Edición e preparación da foto para subila a internet. O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento