Vigo - Guía de boas prácticas para redes sociais

Data Inicio:  30/10/2018 19:00    
Data Fin:  30/10/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.	

Índice de contidos

• Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
• Uso persoal vs. uso profesional
• Aspectos a ter en conta
• Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse