Vigo - Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades

Data Inicio:  18/10/2018 19:00    
Data Fin:  18/10/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con este taller axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos.

Índice de contidos:
- Que é un dominio e tipos de dominio
- Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións
- Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros?
- Pasos a realizar para a contratación dun dominio
- Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos
- Características que pode ofrecernos un aloxamento
- Exemplos de empresas provedoras de aloxamento
- Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse