Vigo - Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores

Data Inicio:  09/10/2018 18:00    
Data Fin:  09/10/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura.

- Introdución. Conceptos básicos.
- Que é SEO? Técnicas SEO.
- Posicionamento interno
- Posicionamento externo
- Penalización nos motores de procura
- Ferramentas SEO
- Taller SEO

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.


Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse