Pontevedra - Como vender os teus produtos nun marketplace

Data Inicio:  23/10/2018 19:00    
Data Fin:  23/10/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Actualmente, os  marketplace son un tipo de plataformas moi visitado por aqueles usuarios que queren realizar compras na internet. Trátanse de sitios web  onde tanto os vendedores como os compradores poden relacionarse entre si e levar a cabo transaccións comerciais, desenvolvidas nas mellores condicións posibles. 

A través deste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratarase de mostrar os pasos necesarios para crear unha tenda en  Amazon e ver as posibilidades que lles ofrece o maior  marketplace.  

Índice de contidos:
- Introdución
- Crea a túa tenda en  Amazon
- Xestión do inventario
- Loxística
- Como facer SEO en  Amazon
- Publicidade
- Analítica e informes de resultados

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse