O Porriño - Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics

Data Inicio:  09/10/2018 18:00    
Data Fin:  09/10/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Neste obradoiro coñeceremos Google Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación.

Índice de contidos

•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google Analytics?
•	Creación dunha conta e código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Os obxectivos – Embudes de conversión
•	Informes estándar
•	Informes personalizados

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30