Ponteareas - Comercializa os teus servizos a través das redes sociais

Data Inicio:  30/10/2018 17:00    
Data Fin:  30/10/2018 19:30 Duración:  2:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. 

Este obradoiro impartirase na sede da Asociación de Empresarios de Mós (AEMOS).

Índice de contidos

• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30