Cambados - Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics

Data Inicio:  09/10/2018 18:00    
Data Fin:  09/10/2018 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais.  

Neste obradoiro coñeceremos Google  Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación.

Índice de contidos

•	Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
•	Como funciona Google  Analytics?
•	Creación dunha conta e código de seguimento
•	Conceptos e métricas básicas
•	Os obxectivos – Embudes de conversión
•	Informes estándar
•	Informes personalizados

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento