Lalín - O ámbito das novas tecnoloxías e RRSS no sector turístico

Data Inicio:  12/01/2018 19:00    
Data Fin:  12/01/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais.

Índice de contidos

• Contexto do Cambio
• Como afecta o turismo e ás empresas turísticas
• Social Media en Turismo e Hostalería 
• Un percorrido polas Redes Sociais
• Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo
• Aspectos a ter en conta
• Conclusións

O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse