Evento
Consegue máis conversións coa landing page perfecta
| Data Inicio: | 14/05/2026 12:00 | ||
| Data Fin: | 14/05/2026 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro, exploraremos que é unha páxina de destino e como podemos usala como parte importante da nosa estratexia de mercadotecnia dixital. A través de exemplos e empregando diferentes ferramentas, melloraremos as conversións para o noso negocio creando unha páxina de destino perfecta. Índice de contidos: 1. Que é unha páxina de destino e por que a necesito? 2. Tipos de conversións e para que se usan. 3. Anatomía dunha páxina de destino: tipos e características. 4. Diferenzas entre unha páxina web e unha páxina de destino. 5. Ferramentas para crear unha páxina de destino. 6. Exemplos e casos de éxito. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/kyNnSbdgvp2orUbf6 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse