Evento
Deseña a túa web profesional de forma sinxela con WordPress
| Data Inicio: | 22/04/2026 12:00 | ||
| Data Fin: | 22/04/2026 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro práctico está deseñado para que pequenas empresas e emprendedores aprendan a crear a súa propia páxina web ou tenda online desde cero utilizando WordPress e o construtor visual Elementor. O obxectivo é dominar as ferramentas básicas —hosting, dominio e modelos— para construír un sitio profesional de forma rápida, visual e sen necesidade de coñecementos de programación. Índice Primeiros pasos: Conceptos de hosting e dominio. Plataforma de traballo: Que é WordPress?. Instalación técnica: Configuración de WordPress e o plugin Elementor. Deseño visual: Uso de modelos e personalización con Elementor. Conclusións: Optimización e mantemento da web. O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/7spUHZxVASQwtWDt7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse