Evento
Ciberseguridade V - usuarios: protexe os teus sistemas
| Data Inicio: | 18/12/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 18/12/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Nós, como usuarios, xunto cos nosos empregados e outros actores que acceden aos sistemas (provedores, servizos de mantemento, xestores...), somos unha peza clave na seguridade da empresa. Neste obradoiro aprenderás como actuar no acceso aos sistemas e datos, e como compatibilizar o uso persoal e profesional da infraestrutura sen comprometer a protección. Darémosche respostas prácticas e unha guía de boas prácticas para reducir riscos humanos, porque a seguridade non depende só da tecnoloxía, senón tamén das persoas. Índice de contidos: 1. Empregados, provedores, xerentes e servizos de mantemento como factores de risco. 2. Como xestionar quen accede a que sistemas e datos (principio de mínimos privilexios). 3. Como conciliar o uso persoal e profesional dos equipos sen comprometer a seguridade corporativa. 4. Protocolos de actuación para reducir o "risco humano". 5. Que facer (e que non facer) se sospeitamos que un usuario foi comprometido. O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/fMgdJFauHgb8fvAs6 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Protección de datos para as pemes III - Como actuar ante unha brecha de datos22 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Comunicación efectiva para emprendedores22 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Deseña as túas ofertas en 5 minutos23 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Mellora de procesos con IA II - Márketing con IA, contido que impacta26 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Instagram para principiantes I27 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Programas de xestión hostaleira28 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento