Evento
Copywriting II - Web e tendas en liña
| Data Inicio: | 17/11/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 17/11/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro pode axudarche a convertir as visitas en clientes, grazas ás palabras. Descubre como comunicar o valor dos teus produtos ou servizos de xeito claro, natural e persuasivo. Se tes unha tenda en liña, mellora as fichas de produto; se tes unha páxina web, dálle unha volta aos teus textos nesta formación. Índice de contidos: 1. Que é o copywriting e por que inflúe nas túas ventas 2. Como escribir textos que conecten 3. Copys para páxinas clave: inicio, sobre nós, servizos… 4. Copys para fichas de produto O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/FyUuvc4eQiMJnmyE8 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse