Evento
Crea o teu plan de empresa. A folla de ruta para o éxito do teu negocio
| Data Inicio: | 08/10/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 08/10/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro en liña a través de Zoom. Este curso guiarache na creación dun plan de negocio sólido e viable, a folla de ruta esencial para calquera proxecto. Aprenderás a estruturar a túa idea de negocio, analizar a súa viabilidade financeira e preparar a documentación necesaria para buscar financiamento ou socios. Ideal para emprendedores, futuros empresarios e profesionais que buscan transformar unha idea nunha estratexia empresarial exitosa. Índice de contidos: 1- Validación e formulación da idea. 2- Validación do modelo de negocio. 3- Importancia do Modelo de Negocio (CNVA) dentro do plan de negocio. 4- Plan de negocio. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, consultora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/3HGU2kz9NACBVsZp9 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse