Evento
Pinterest para e-commerce
| Data Inicio: | 17/06/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 17/06/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Pinterest permite navegar, descubrir e comprar. Fai que os nosos produtos inspiren aos usuarios e axuda a converter as ideas do noso público en realidade. Pinterest sábeo, e por iso incorpora funcionalidades especialmente creadas para que ti, como vendedor en liña, sáqueslle o máximo partido. Descobre neste taller como ser comerciante verificado en Pinterest, como subir o teu catálogo á plataforma e como facer que os teus contidos cheguen ao público correcto para conseguir máis vendas. Orientado a usuarios que xa coñezan Pinterest e queiran obter máis vendas na súa tenda en liña. 1. O poder de Pinterest 2. Como ser comerciante en Pinterest 3. Atrae ao teu público obxectivo 4. Mide o teu éxito 5. Estratexias gañadoras O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/wf3oVx1NKDBgEJPa9 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Setembro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | ||||
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento