O teu negocio nas redes sociais: máis visibilidade, máis clientes.

Data Inicio:  10/06/2025 20:30    
Data Fin:  10/06/2025 22:00 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro é presencial en ACIPOR (Pza. do Concello, 4 2º A - 36400 - O Porriño)

Cres que poderías chegar a máis persoas coa túa empresa, pero non sabes que publicar nas redes sociais? Queres estar presente, pero sen perder o tempo nin complicar as cousas? Este obradoiro darache claridade e ferramentas para comprender que contido funciona, como xerar ideas sen estrés e como comunicar o que ofreces dun xeito atractivo. Sen tecnicismos nin fórmulas máxicas. Xusto o que realmente necesitas para destacar nas redes sociais e atraer máis clientes á túa empresa.

1-Introducción ao obradoiro
2-A base: o teu negocio e a túa mensaxe
3-Redes sociais: como funcionan e por que importan
4- Estratexia de contidos sen estrés
5-O teu calendario de contido sinxelo e eficaz
6-Como comunicarse dun xeito atractivo e auténtico
7-Planifica as túas próximas semanas
8-Peche e seguintes pasos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, licenciada en Administración e Dirección de Empresas con foco en mercadotecnia e xestión comercial pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Tecnoloxías da Información Xestora pola Universidade da Coruña. Ten máis de oito anos de experiencia en deseño web, desenvolvemento e xestión de proxectos.
Url do Evento: https://forms.gle/A7twrXktgDMHw9AJ7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse