Intelixencia Artificial e deseño para impresión 3D

Data Inicio:  28/05/2025 12:00    
Data Fin:  28/05/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro online a través de Zoom.

Descubre como a intelixencia artificial está revolucionando o deseño da impresión 3D. Exploraremos ferramentas e técnicas que usan algoritmos intelixentes para optimizar deseños, xerar formas complexas e personalizar obxectos de xeito innovador. Aumenta a túa creatividade en 3D coa IA!

Índice de contidos: 
1. Fundamentos da Intelixencia Artificial (IA)
2. Impresión 3D: conceptos básicos
3. Aplicacións de IA no deseño 3D
4. Ferramentas e plataformas impulsadas pola intelixencia artificial para o deseño 3D

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/5JWxHMvwRR6TZnnY9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse