Presenza en Internet e técnicas SEO

Data Inicio:  22/05/2025 17:00    
Data Fin:  22/05/2025 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos onde verá un curso básico de conceptos web, centrado na importancia dunha páxina profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en internet mediante técnicas libres.

Índice de contidos:
1. Introdución conceptos básicos
2. Que é SEO / Técnicas de SEO
3. Posicionamento interno
4. Posicionamento externo
5. Penalidade do buscador
6. Ferramentas de SEO
7. Obradoiro de SEO

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/NTvsBSfuojpnNhB49
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse