Optimiza a túa estratexia de marketing por correo electrónico con Benchmark Email

Data Inicio:  30/04/2025 11:00    
Data Fin:  30/04/2025 13:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Comprender as túas relacións cos clientes é relevante, especialmente no mundo dixital.
O obxectivo deste obradoiro é aprender a transmitir a túa mensaxe, produto e/ou servizo a través do correo electrónico.

Aprenderemos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o teu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e os seus resultados.

Índice de contidos:
1. Introdución ao email marketing 
2. Deseña a túa estratexia de marketing por correo electrónico
3. Deseño en email marketing
4. Ferramentas
5. Recomendacións para crear campañas perfectas
6. Crea unha conta gratuíta en BenchmarkEmail
7. Crea unha campaña de correo electrónico
8. Contidos: estrutura e modelos
9. Público: público obxectivo
10. Informes

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/6b1hebitMf71EKvR7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse