Descubrindo Google Analytics 4: a próxima xeración de analítica web

Data Inicio:  23/01/2025 11:00    
Data Fin:  23/01/2025 13:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro online a  través de Zoom.

Este obradoiro está pensado para dar os primeiros pasos en Google Analytics 4, a última versión por excelencia para realizar un seguimento profesional de todo o que acontece na túa web.  O obxectivo da sesión é que quen queira comezar a medir no seu sitio descubra os conceptos básicos de GA4. Para iso, facemos un percorrido polas particularidades da ferramenta e a súa estrutura de informes.

Índice de contidos:

1. Comparación de versións de GA
2. Que é GA4
3. Diferenzas entre Universal Analytics e GA4
4. Informes
5. Comprenda os visitantes do seu sitio web
6. Exploracións
7. Consellos
8. E... Que pasa cos meus datos históricos de Universal Analytics (UA)?

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/Rd2ZRUpQhEHB1PvCA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos