Proxecto emprendedor. Análise de viabilidade

Data Inicio:  22/06/2023 12:00    
Data Fin:  22/06/2023 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Coñecidos os elementos dun Plan de empresa e posto en marcha o negocio os resultados non sempre son os esperados. Analizaranse as fases críticas do proxecto, as calidades do emprendedor -que se teñen que mellorar e actualizar- e algúns dos erros habituais así como accións para superalos.

CONTIDO:
- Presentación breve de SECOT
- O emprendedor e as súas calidades
- A actividade empresarial
- Plan de Negocio: Inicio e fases críticas
- Erros habituais
- Proposta de valor e pmv
- Limiar de rendibilidade

Obradoiro impartido por Ramón Santorio, presidente do SECOT en Vigo e graduado en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo.
Url do Evento: https://forms.gle/8QzuCrrx5SmzMM2E8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse